Obradoiro de Pepe Solla para o alumnado de 4º da ESO

Dentro do programa "Edumotiva" da Consellería de Educación e poñendo o broche ás actividades da temática da "Gastronomía", tema da Biblioteca para o curso 2016/17,  tivemos no Centro  a 

PEPE SOLLA

Cociñeiro e catador vitivinícola

Estudou Ciencias Empresariais como estudos regrados e Cociña como estudos non regrados. Ampliou a súa formación con cursos monográficos, entre eles os realizados con Ferrán Adriá. Exerce como xefe de cociña do seu restaurante, “Casa Solla”, de tradición familiar. Iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da restauración traballando nel. A carón desta empresa que lidera na súa vila natal en Poio, comparte proxectos empresariais máis alá da nosa comunidade, no ano 2015 crea e abre o primeiro concepto parello a “Casa Solla”, “Atlántico” na madrileña rúa de Velázquez, que amplía despois cun segundo local en Menéndez Pelayo e o recentemente inaugurado en Valencia “Porta de la Mar”.
Impartiu cursos e obradoiros de cociña, participou activamente en distintos certames gastronómicos de ámbito nacional e internacional e presenta en Canal Cocina o espazo “Pescados y Mariscos”.
É membro fundador do grupo NOVE (cociña galega de vangarda) e da Asociación Gallega de Sumilleres. A súa traxectoria profesional foi recoñecida entre outros galardóns con 1 estrela Michelín (desde 1980) e con 3 Soles Repsol para “Casa Solla”.


O obradoiro que nos deu  foi sobre:

Cociña e Ciencia
Como pode axudarnos a ciencia a mellorar o noso oficio?
Debemos excutar as receitas ou entendelas?
Pódeme axudar a ciencia a ser millor cociñeiro?
Os segredos do ovo…, a esencia da cociña.



Comentarios

Entradas populares