Mulleres para ter na memoria

A Televisión de Galicia fíxose eco do traballo que o alumnado de 4º da ESO, coordinado pola profesora de Lingua Castelá, Cristina Corral fixo sobre a memoria das avoas,

Podedes visionalo pulsando no enlace:

http://www.crtvg.es/informativos/estudantes-do-ies-da-xunqueira-entrevistan-os-seus-maiores-para-conecer-o-pasado

O alumnado aprende a valorar o papel das mulleres nas duras décadas despois da guerra civil, a través de entrevistas que manteñen coas súas propias avóas ou xente maior do seu entorno.
O proxecto consiste en facer entrevistas con mulleres maiores, sexan ou non familiares, e publicalas xunto con fotos doutras épocas. Así decátanse da enorme importancia que tiveron daquela, e cómo foron o xérmolo de moitos logros que gozamos hoxe.
Unha das cousas máis salientables é cómo se implican as mulleres e os alumnos. O que empeza en moitos casos coma un traballo algo molesto e incómodo, convértese en toda unha experiencia vital e humana.
Remover conciencias, e recuperar a memoria dunhas mulleres que o pasaron mal e case nunca foron recoñecidas, e sobre todo nun momento actual no que desgrazadamente a violencia de xénero acada niveis insoportables. Seica hai que prodigar estas iniciativas en institutos e colexios.
Un magnífico traballo que serve de exemplo. Dise que quen esquece o pasado está condenado a repetilo. Da xente nova - coa axuda de todos - depende que iso non volva suceder.



http://www.crtvg.es/informativos/estudantes-do-ies-da-xunqueira-entrevistan-os-seus-maiores-para-conecer-o-pasado

Comentarios

Entradas populares